Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

29 abr 2016

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2016



Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Manuel María:

Casa Museo Manuel María

Real Academia Galega

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Seminario Galán

Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Portal da Lingua Galega (no final da páxina hai moitos e variados enlaces a actividades que poden resultar moi interesantes)

Primavera das Letras

Letras Galegas

Wikipedia

Galipedia

Unidades Didácticas

Arredor de Manuel María

365 días para Manuel María




28 abr 2016

Día do Libro II. Temos un segredo...


Para celebrar este ano o "Día do Libro" decidimos poñernos a traballar "desde o outro lado", desde o punto de vista do escritor, como autores do noso relato. 

Repartímonos en grupos de 3 ou 4 persoas, de diferentes cursos, idades e sexos para facer grupos heteroxéneos e así ter diferentes visións e aportar a vosa creatividade desde diferentes puntos de vista. 

Buscamos primero uns puntos en común de donde partir todos: dous personaxes (teríades que elexir o seu nome, sexo, idade e circunstancias persoais. Eso sí, para presentarlles fixeramos un breve monólogo de cada un deles, e vimos así que un tería que ser máis realista e outro máis idealista). Ambos atoparanse nas redes sociais e terán que compartir un segredo... E a partir de aquí comezamos a aventura... 

Reunirémonos os luns, martes e venres, na hora de proxecto lector!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días...iremos vendo ata donde chegamos!!!













Repartímonos para traballar e poder concentrarnos ben: en recunchos da biblioteca...






Ou nas aulas de 1º ESO e a de Plástica...

25 abr 2016

Dia do Libro.

Un ano máis festexamos o DÍA DO LIBRO por todo o alto.
Conmemoramos o IV Centario na morte de Cervantes con esta pequena exposición e lecturas dalgunhas aventuras de "Don Quijote": 



E un ano máis realizamos lecturas no patio e apadriñamentos lectores; canto nos gusta esta actividade e que ben o pasamos....

16 abr 2016

A librería AENEA visita a biblio de secundaria

Onte visitounos Lola da libraría AENEA, de Santiago de Compostela, coa súa particular "libraría andante". Preme na imaxe se queres saber máis:


7 abr 2016

Odaiko e o Enredo do Abeleiro

Hoxe tocou saír do colexio para pasar un día superdivertido. Primeiro fomos ata Melide para asistir a un concerto de percusión a cargo do grupo ODAIKO, e logo desprazámonos a Arzúa para visitar o ENREDO DO ABELEIRO, donde aprendemos cousiñas sobre as abellas e fixemos candeas de cera e enchemos botiños de mel. Mirade que ben o pasamos:

3 abr 2016

Semana do Teatro.

O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Novamente coincidiu estando de vacacións e, novamente, non quixemos pasar por alto a súa celebración. Durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril organizamos varias lecturas dramatizadas de obras teatrais dos nosos autores; algún dos participantes caracterizouse para a ocasión, pero démonos conta de que a nosa voz (modulación, entoación,...) é suficiente para pasar un bo anaco disfrutando do teatro. Aquí unha pequena mostra: