Hoxe tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".
E tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula para que nos axude a superar os nosos medos.
Una ano máis participamos da iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega para conmemorar o Día de Rosalía de Castro: EU SON ROSALÍ.
Alumnado voluntario de secundaria,
gravou este fermoso video, onde, coas súas propias palabras, berros e
xestos, defenden o amor ao seu, a súa lingua, ao seu entorno, aos seus
soños, á defensa das inxustizas cercanas e globais...
Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo fixemos varias actividades. Entre todos os alumnos fixemos un fermoso mural con escollas dos seus poemas e pop-arts da súa caricatura.
Algún alumnos deleitáronnos coa lectura de poemas da autora durante toda a semana. Para rematar a actividade bailamos o "Meregue Rosalía", tan fantasticamente versionado pola orquestra Charlestón Big Band
Onte festexamos para os máis peques do colexio o Entroido Pequeno.
Foron moitos os alumnos e alumnas que participaron traendo posto o disfrace da súa personaxe favorita.
E pasámolo xenial. Aquí vos deixamos unha mostra
Para festexar o Día da Paz fixemos un mural para recordar a Malala, unha
moza que con tan só 17 anos recibiu o Premio Nobel da Paz 2014 pola súa
loita a favor do dereitos dos nenos e nenas.